O PP VOTA EN CONTRA DE CONSTUIR UNHA LONXA FLUVIAL EN GOIAN, APESAR DO SEU COMPROMISO COAS ASOCIACIÓNS DE PESCADORES DO RÍO MIÑO
O portavoz de pesca do BNG, afirmou que a captura de lamprea e meixón xera unha grande actividade económica e debe ser vendida a través do proceso de subasta en lonxa fluvial

Infogauda / Santiago de Compostela
O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira defendeu hoxe, a través dunha proposición non de lei, regular a actividade pesqueira no río Miño coa posta en marcha dun Estatuto para a habilitación legal do exercicio desta actividade que conlevará ademais do recoñecemento de dereitos sociolaborais como xubilación, baixas laborais, doenzas profesionais a instalación dunha lonxa fluvial en Goian para ordenación da primeira venda de capturas.
Lobeira lembrou que, o actual Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Canpana comprometeuse coas asociacións de pescadores do río Miño a instalar en Goian unha lonxa fluvial pero agora –afirmou o deputado- “négalle esa posibilidade tamén ao concello de Tomiño”
O deputado do BNG explicou que tanto a Asociación de pescadores do Río Miño como a Asociación de Lampreeiros veñen reclamando a regularización das embarcacións e as condicións laborais dos tripulantes e que mesmo xurdiron conflitos entre os colectivos de pescadores por non estaren regulados os espazos de pesca en función do tramo do río.
O parlamentario do BNG lamentou que o Partido popular rexeitara a iniciativa do BNG para a construción dunha lonxa fluvial en Goain e sobre todo que impida ao concello de Tomiño facer realidade esta reclamación, “o Partido popular incumpre os seus compromisos” é esta é unha nova mostra –dixo-.

Ningún comentario:
Publicar un comentario