28 de feb. de 2011

OURENSE

O LECER DAS AUGAS. HISTORIA DOS BALNEARIOS DE GALICIA





O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia é unha exposición que se poderá visitar no Centro Cultural da Deputación de Ourense entre os días 2 e 20 de marzo.
Esta exposición coincide coa celebración en Ourense do Congreso Internacional de Turismo Termal, promovido pola Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia coa colaboración da Deputacion provincial.


Na mostra recóllese a evolución da cultura balnearia en Galicia, coas diferentes etapas de balnearios como Mondariz, Guitiriz, A Toxa, Molgas, etc. Tamén inclúe a mostra diverso material de epoca.


Entre as actividades complementarias, o dia 4 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar no Centro Cultural da Deputación a presentacion do libro "O LECER DAS AUGAS. HISTORIA DOS BALNEARIOS DE GALICIA 1700-1936"