ETTORE MESSINA, ADESTRADOR INVITADO NO CLINIC DE BALONCESTO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Os vindeiros 25 e 26 de xuño terá lugar a 23 edición do tradicional Clinic de Baloncesto “Deputación Ourense” que nesta edición versará sobre a filosofía e o método de traballo do prestixioso adestrador do Real Madrid, Ettore Messina que estará acompañado do seu axudante José Cuspinera e do responsable das categorías de base Carlos Losada.
Ettore Messina, é catro veces campión de Europa, exseleccionador italiano, único adestrador europeo invitado para adestrador na NBA, e na actualidade dirixe ó Real Madrid que colidera a Liga ACB , a Euroliga europea, onde se mantén invicto no top 16, e que este fin de semana disputa a fase final da Copa do Rei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario