5 de feb. de 2011

O ROSAL

Festas da Virxe da Saúde e San Brais en Tabagón


Fotografías: María Rodríguez Martínez / Tabagón


Infogauda / Tabagón
Os veciños da parroquia rosaleira de San Xoán de Tabagón honran á Virxe da Saúde e San Brais con diversas conmemoracions eclesiásticas, culturais e festivas. Nesta edición, á climatoloxía favorable, tamén está contribuindo a brillantez das mesmas.
Un dos eventos máis tradicionais destes festexos, é a subida de arco ou maio, que tivo lugar na tardiña de onte venres, arredor das 18:30 horas, en que unha tirada de foguetes anunciou o comezo desa labor que logo de cáseque un mes de traballo previo, e coa colaboura de moitos veciños e visitantes, que onte axudaron a ergue-lo, culminaría a noitiña. O deseño, unha vez máis, é da autoría do tabagonés Ángel Pérez, que nesta ocasión inspirouse na conmemoración do VIII aniversario da súa Consagración
A media mañá deste sábado, fixo súa entrada no torreiro das festas o grupo de baile Do Lusco ó Fusco.
Xa no mediodía, tería lugar unha celebración eucarística na honra de San Brais saíndo posteriormente a procesión.
Pola noite, a partires das 22:00 h., presentación das orquestras Satélites, da Coruña e Trébol, do Ferrol, que amenizarán a verbena popular.
E mañá domingo, ás 11:oo h., a Banda de Música Agrupación Musical do Rosal fará súa entrada no recinto de festas.
Ás doce do mediodía terá lugar unha misa solemne na honra da Nosa Señora da Saúde.
Pola tarde haberá hinchables para os cativos e chocolate, de balde, para todos, e para por broche de ouro a estas festas, a tardiña actuarán a Agrupación Musical Airiños do Tamuxe e a Agrupación Folk Tarxa, da Asociación Veciñal de Castrelos.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
É de vergonza o que ocorriu no día do levantamento. Sin previo aviso se colapsaron as vías en dirección A Guardia. Sin previo aviso hasta a entrada de Goián sin que se puxese un desvío alternativo nese sentido vulnerando os dereitos de muitos galegos. Muitos destes conductores pensaron que se trataba dun accidente e incluso a Guardia Civil de Trafico que non dudou nin un momento en personar efectivos tanto de motos como de coches de tal corpo pensando tamen no peor dado que nin a policía local de O Rosal non efectuou ese desvío tan necesario. mentres a xente dos vehículos con pacencia e preocupación pensando que había sido algun sinistro. Todo por culpa de unha mala planificacion e pomposidade desmedida por estar os medios de comunicación. Como o que opinou muita xente e incluso veciños do lugar sólo unha palabra: PATÉTICO QUE ISO ACONTEZA NUNHA VÍA ESTATAL E TRAVESÍA INDA PRA MÁIS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario