O BNG presentou a Sandra González como candidata alcaldía de Tomiño
Máis de 500 persoas acudiron á presentación da candidatura no Auditorio de GoiánNa tarde do domingo 6 de febreiro, tivo lugar no Auditorio de Goián a presentación da candidatura coa que o BNG concorre ás vindeiras eleccións municipais de maio. Máis de 500 persoas ateigaron o auditorio, que quedou pequeno.Entre os convidados contouse coa presenza tamén dos cantidatos do BNG por Vigo, Gondomar, Porriño, Salceda, Tui, A Guarda, Oia, e o Rosal e a deputada Carme Adán.
No acto presentouse un vídeo sobre o traballo que o BNG ten desenvolvido nestes 4 anos no concello de Tomiño e interviron a responsábel local do BNG, Cristina Martínez e o portavoz municipal, Uxío Benítez. A continuación tomou a palabra a deputada e ex-conselleira Teresa Táboas que mostrou o seu apoio aos compañeiros do BNG de Tomiño e valorou “a determinación que Sandra sempre tivo xestionando, cando eu era conselleira, o Parque Empresarial de Tomiño, tan necesario nun contexto de crise económica como no que estamos”
Finalmente interviu a alcaldesa de Tomiño e novamente candidata do BNG a alcaldía, Sandra González agradecendo o apoio do numeroso público asistente e manifestou que “Tomiño emprendeu un camiño de transformación hai catro anos que non pode ter volta atrás, e que recoñecen a maioría dos veciños e veciñas cos que falamos”. Segundo a alcaldesa, “preséntase un equipo que conxuga a necesaria incorporación de xente nova coa experiencia de goberno ao longo destes catro anos, con ilusión, con proxecto e con ganas de seguir traballando polo seu concello”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario