
THE INSPECTORS, DE A GUARDA, FINALISTAS DO EISV MUSIC LIVE 2011
Infogauda / A Guarda
O grupo musical The Inspectors, de A Guarda, ven de acadar o 3º posto da clasificación dos finalista na 4ª edición do EISV.MUSIC 2011 LIVE, orgaizado pola Escola de Imaxe e Son de Vigo RTV (EISV).
O 2º finalista é o grupo Overhear e o 1º finalista é Hair Spray Junkies.
O xurado do Eisv Music Live 2011 estivo formado por:
- Xesús López Carneira, Concelleiro de Cultura de Vigo
- Jorge López (Yoyo), da Fábrica de Chocolate
- Miguel Costas, Productor e ex membro de Siniestro Total
- Nonito Pereira, de Mondosonoro
A finalísima será o vindeiro día 18 de febreiro.
O premio para o grupo gañador consistirá na grabación de un Vídeoclip, unha maqueta e un book fotográfico.
THE INSPECTORS
The Inspectors é una banda de rock, que nace a comezos de 2008. Súa formación é: Rubén, Alejo, Tito, Miguel e Carlos. O longo da súa andaina teñen composto e tocado sen pausa. A compenetración dos seus gostos musicais fai que todo seu traballo se centre n´un mesmo estilo própio e definido. Graban un Ep a finais de 2008, nos estudos Metrópolis, por Iván Vivas (ex de Aphonic), do cal podemos saborear unha pequena parte de todo seu traballo. Estes mozos de A Guarda caracterízanse pola súa explosividade é hora dos directos e xa contan con críticas da revista “Mondosonoro”, aparicions na TVG e na radio. A día de hoxe, atópanse traballando para a que será súa vindeira entrega para que poidamos saborear un pouco dese traballo, presentan “Modern disco (but stay)” e “Fat run” como primicias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario