24 de xan. de 2011

A GUARDA

A CONFRARÍA DE PESCADORES DE A GUARDA ESCOMENZOU UN NOVO PLAN DE EXPLOTACIÓN MARISQUEIRA


Confraría de Pescadores "Santa Tecla" / A Guarda



Na xornada de onte luns, 24 de xaneiro de 2011, iniciouse a actividade dun novo plan de explotación marisqueira na Confraría de pescadores da Guarda. Trátase do plan de explotación de ourizo a mergullo no que participan 4 embarcacións da confraría e que porán no mercado unha producción de 800 kg de ourizo de mar ao día. Con esta producción duplícase a oferta de ourizo de mar na lonxa da Guarda onde xa se comercializaban 800 kg de extracción a pé do plan de explotación de ourizo a pé da confraría, que está composta por 8 mulleres ouriceiras.



O Plan de explotación de ourizo que comeza hoxe a súa andaina, está composta por mariñeiros que pertence a esta Confraría, e todos están en posesión da titulación de “Recolector de recursos especificos con técnicas de Mergullo”, imprescindibel para poder realizar actividades a mergullo, xunto co plan de seguridade que ten que estar aprobado polo Ministerio de Fomento a través das Capitanías.




Asemade, a Conselleria do Mar é a administración que se encarga do control da extracción do ourizo; unha vez a Confraria presenta o plan de explotación de ourizo a mergullo, a Conselleria aproba o plan de explotación e sae pubricado no DOGA, xunto coas normas de extraccíon, que maioritariamente son as seguintes:
Ambito do plan: Dente Punta Orelludas a Punta dos Picos
Modalidade: A mergullo con suministro de aire dende superficie
Meses de extracción: Xaneiro, Febreiro, Marzo, Abril, Outubro, Novembro e Decembro 2011
Días máximos de extracción: 90


Na lonxa xa se viñan realizando ventas de ourizo dende o ano 2000, data que comenzouse co plan de ourizo de “A Pe”, pero co inicio da actividade das embarcacións, podemos considerar que temos unha producción importante de ourizo a nivel de Galicia, e poñernos á altura doutros puntos de venta, e sendo para os comercializadores un atractivo dispoñer dunha producción de 1600 kilos diarios de ourizo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario