20 de dec. de 2010

VIGO

Onte 19/12/2010, celebrouse a XLIX Gran Premio do Nadal- Carreira do Pavo en Vigo.
José Antonio González Morais / Vigo
A proba organizada pola Delegación de Atletismo de Vigo, ca colaboración do Concello de Vigo e Corte Inglés, acolleu a centos de atletas e o público asistente gozou dun excelente día de pedestrismo, contando con un aceptable nivel de participación.
O circuito realizouse polas rúas Victoria, Concepción Arenal, Luis Taboada, Montero Rios, García Olloqui, a climatoloxía respectou a cidade olívica e fixo resaltar aínda máis o evento atlético. Os preto dun millar de atletas (Según a Organización), puideron disfrutar dun día de atletismo popular participando nunha proba na que os seus orixines se remonta ao ano 1943. Durante a manhán disputáronse o carreiras, e unha vez mais a Organización non cumpriu cos horarios previstos, e ademais o díptico da proba tinha varios erros. Na carreira absoluta feminina o triunfo foi para Joana Costas, seguida de Solange Pereira e Esther Navarrete. Na carreira masculina, salientar o triunfo Marco Morgado, 2ºo marinense Víctor Riobó e 3º Juan Pablo Fernándes.
Nesta proba participaron varios atletas guardeses:
Na carreira Senior, Borja Cadilla co dorsal 920, nos 8 Km, acadou un tempo oficial de 33´41”, representando o Club San Xerónimo Emiliani.
Tamén participaron Rafael Rodríguez acadando a posición 68 na categoría de veteranos ( 5.700 m ), na categoría xuvenil Rocio Rodríguez 7ª , en 15´07” e Sara Marquez 13ª en 17´59” , ( 3.600 m ), do Club Val Minhor – Gondomar.
Manuel Franco acadou a posición 66, na categoría de veteranos participou como independente.
Para mais información entrade en
www.atletismogalego.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario