DOMINGO 17 DE OUTUBRO
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!
III ACCIÓN INTERNACIONAL GALIZA - CONGO
Son momentos para fortalecer a nosa identidade como movemento. Estar en marcha expresa a idea de seguir libremente, sen coaccións ou impedimentos, para expresar a forza das mulleres organizadas de forma colectiva, en asociacións, grupos, movementos, con experiencias, culturas políticas e etnias diferentes, mais que tenhen unha identidade común: superar a actual orde inxusta, que provoca a violencia e a pobreza. Tamén expresa a nosa solidariedade internacional e o facto de que estamos alertas ao que pasa ás nossas companheiras noutras partes do mundo.
O 17 de outubro en Vigo (Porta do Sol), marchas e accións simultaneas con un punto de encontro internacional en Sud Kivu, Congo, como forma de fortalecer o protagonismo das mulleres na resolución de conflictos.
A Guarda a 03 outubro 2010
Asdo.: José Antonio Glez. Morais
Ningún comentario:
Publicar un comentario