CARTA ABERTA AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN
O claustro de profesores do CPI Manuel Suárez Marquier quere facer unha protesta pública ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria debido aos seguintes feitos que considera inadmisibles:
· No remate do curso académico 2009-2010 aprobouse o decreto do plurilingüismo 79/2010 do 20 de maio por parte da Xunta de Galicia.
· No devandito decreto existe o compromiso por parte das autoridades educativas de garantir a adquisición de competencia nas dúas linguas oficiais de Galiza e do máximo equilibrio posíbel nas horas semanais e nas materias impartidas.
· O CPI Manuel Suárez Marquier nomeou unha comisión no remate do curso pasado que repartiu as horas e as materias que se impartirían nas dúas linguas, tanto no ensino primario coma no ensino secundario. (Artigo 6º, punto IV)
· Ao inicio deste curso o profesorado decatouse de que non se pode aplicar o decreto polos seguintes motivos:
1. Nos cursos de PDC (Proxecto de Diversificación Curricular), nos que existen dous ámbitos: o social (no que se imparten as materias de lingua galega, lengua española e sociais) e o científico (coas materias de bioloxía, física e matemáticas) non existe ningún libro de texto en lingua galega, malia haber materias como bioloxía, matemáticas e ciencias sociais que xa antes da aprobación do decreto do plurilingüismo eran obrigatorias en galego.
2. En 4º da ESO decidiuse impartir en lingua galega a optativa de Lingua latina e non hai ningún material curricular, didáctico ou libro de texto nesa lingua .
3. O mesmo acontece coa materia “Obradoiro de iniciativas emprendedoras” que se imparte en 3º da ESO; carece de calquera material curricular ou libro de texto en galego.
4. No primeiro ciclo da ESO existen Adaptacións Curriculares para o alumnado que ten ACIS ou necesita un apoio e unha atención en todas as especialidades agás en Lingua e literatura galega.
· Polo tanto, unha vez exposto isto e ante a gravidade da situación, este claustro decidiu facer unha protesta pública ante a Delegación de Educación e ante o Conselleiro D. Jesús Vázquez Abad solicitando a elaboración inmediata de todo tipo de material didáctico, curricular e pedagóxico (artigo 13, punto II) para que se garanta o equilibrio presente no Decreto entre as dúas linguas oficiais, a adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais, (CÁP III), e o dereito que ten o profesorado a impartir as materias que sexan elixidas en lingua galega e o alumnado a recibir ese ensino na súa lingua.

Ningún comentario:
Publicar un comentario