9 de out. de 2010

O ROSAL

O EMPRENDEDOR JOSÉ BENITO GUERREIRO PUNTUALIZA O ALCANCE DA SÚA INICIATIVA
- O xoven rosaleiro acrara varias cuestións motivadas pola inexactitude de parte do contido da información pubricada nalgúns medios de prensa escritos


José Benito Guerreiro / O Rosal
En relación a noticia que o venres día 8 deste mes, saliu en diversos medios de comunicación escritos; na que se pode chegar a interpretar que o proxecto sobre a certificación de procedencia da pesca do Río Miño, que estamos pondo en marcha, teña relación coa implantación da Denominación de Orixe do Río Miño, quixéramos acrarar varias cousas.

1º Que o noso proxecto non ten nada que ver cunha denominación de orixe para o Río Miño.
Denominación de orixe que pode que algún día chegue, pero que é algo que non é competencia dunha iniciativa empresarial privada, como é o noso caso.

2º Que na nota de prensa que se enviou ós diferentes medios de comunicación foi a mesma para todos e nesa nota, en ningún momento se fai mención algunha a unha denominación de orixen.

3º O noso proxecto limitarase a certificar, única e exclusivamente, a procedencia dos peixes do Río Miño que nós comercialicemos e os daqueles pescadores que así no lo pidan.
Este sistema ofrecerá ademáis a posibilidade de que o cliente final poida comproba-la procedencia dese peixe.

4 º O noso proxecto é un sistema aberto, queremos decir, que estaremos encantados de comparti-la nosa iniciativa con outros pescadores, comercializadores, restaurantes,…, co obxectivo de valoriza-los productos pesqueiros do Río Miño e donde toda-las partes implicadas poidan benefiarse e, entre todos, contribuir a que o consumidor final poida disfroitar dun producto de calidade.

Para terminar; quixéramos aproveita-la ocasión para da-las gracias ós medios dixitais da comarca, polo ben que enfocaron a noticia en relación ó noso proxecto, e como no, gracias tamén a toda-las personas que nos últimos días nos levan felicitado pola nosa iniciativa e, incluso algunhas delas, nos ofreceron a súa colaboura.
Todas estas mostras de apoio, para nós, son a certificación de que o noso proxecto vai polo bó camiño e, ó mismo tempo, unha gran motivación para seguir traballando.
Vémonos na última semana de outubro que será cuando realicemos a presentación oficial. Unha aperta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario