24 de out. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE O CONCELLO POÑA A DISPOSICIÓN DA CIDADANÍA O SERVIZO DE TAXI-NOITE





O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

En primeiro lugar lembrar que o Bus-Noite salva vidas, pero esta boa iniciativa terase que aplicar con sentido común e adaptada a cada concello ou bisbarra.
Tódolos fins de semana imcumprese a Lei e as autoridades miran cara a outro lado. Os supermercados....etc, venden bebidas alcohólicas a xuventude menor de idade para celebrar súa rabia, e impotencia....etc. Os actuais políticos tenhen secuestrado o noso voto, dito de outra maneira estamos en unha ditadura democrática, permitindo o consumo de drogas legais para que a cidadanía este contenta como na antiga Roma: pan e circo, actualmente alcohol e fútbol .
Desde Esquerda Unida non podemos comprender que a xuventude non se revele ante as autoridades e ponho como exemplo Francia, que os xovenes van as folgas defendendo a seus pais que é o mesmo que defender súa futura calidade de vida.
Creemos que para a Guarda sería moi efectivo por taxis e que estes viaxes foran subvencionados polo concello.

DENDE ESQUERDA UNIDA:

Propomos que o Concello ponha a disposición da cidadanía do taxi-noite para que a xuventude chegue as súas casas con vida.

A Guarda, a 25 de outubro do ano 2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario