6 de out. de 2010

BAIXO MIÑO

JOSÉ BENITO GUERREIRO PIONEIRO NA TRAZABILIDADE DOS RECURSOS PESQUEIROS DO RÍO MIÑO



O rosaleiro José Benito Guerreiro, un pescador miñoto con moita iniciativa emprendedora



José Benito Guerreiro, pescador do Río Miño desde o ano 1992, porá en marcha, durante a próxima temporada de pesca, o primeiro sistema de trazabilidade para a pesca do Río Miño.
Este novo proxecto empresarial nace coa idea de potencia-los recursos pesqueiros do Río Miño e consistirá nun sistema que ofrecerá os seus clientes a garantía de que o que está comprando ou consumindo nun restaurante, procede realmente do Río Miño e, no caso de que o cliente queira comprobar esa procedencia, poida faelo dunha forma sinxela.
Todos sabemos que desde fai xa uns poucos anos, as lampreas do Miño perden valor cuando, ó pouco de empeza-la tempada de pesca, no mercado empezan a entrar miles de lampreas procedentes de Francia e que son vendidas como se foran do noso río; co conseguinte perxuicio tanto para o pescador, que perde diñeiro, como para o consumidor que está sendo enganado.
Outro exemplo, que isto xa é algo de toda a vida, é cuando un pescador sai a vender un sable pescado no Miño e o seu potencial cliente, o primeiro que fai é preguntarlle se ese sable procede realmente do Río Miño.
E como o pescador non conta cun sistema co cal poida garantir que ese peixe procede realmente do Miño, pois ó final acaba rebaixando o precio e o seu cliente tampouco gaña gran cousa, porque sempre pode quedar coa dúbida de que ese sable sea realmente do Miño. .
José Benito tiña claro que había que crear un sistema que permitira ofrecer ó cliente unha garantía de procedencia do producto que está consumindo.
O ideal sería crear unha rede que establecese unha relación entre pescadores, comercializadores, restaurantes e clientes. Un sistema que ofrecese unha garantía de procedencia e do que todos se puderan beneficiar.
Voltas e máis voltas ó mismo problema ó que José Benito non parecía encontrarlle unha solución, hasta que durante unha noite de pesca do pasado mes de xaneiro
, tivo unha idea que lle pareceu que podería solucionar esta problemática.
A partir desta primeira idea, empezouse a desarrolla-lo sistema de traballo e despois de face-las primeiras probas con lampreas e máis tarde con sables, o seguinte paso foi asistir a varias conferencias que se celebraron en Vila Nova de Cerveira, Tui, Baiona, Vigo, Santiago de Compostela,… onde se falou sobre sistemas de trazabilidade para peixes e, en algunha delas, se debateu sobre a situación actual do mercado pesqueiro a nivel mundial e así José Benito pudo contrastar o seu sistema con outros que xa están funcionando en diferentes lugares do planeta.
En todas estes foros fixeron especial fincapé nun punto que se considera crucial: o consumidor actúal quere saber de donde procede o producto que está comprando e, non soio iso, ten que poder comprobalo dunha forma o máis sinxela posible.
O normal é que, cuando vamos a unha plaza de peixe, o supermercado,… Na tarxeta do mostrador onde ven indicado o prezo, podemos ve-la procedencia dese producto pero, na maioría dos casos, esta información non é de todo clara e, ademáis, non podemos levar para casa esa tarxeta identificativa, nin tampouco poderemos comprobar por nós mesmos se ese peixe procede realmente de onde nos din que ven.
E ahí é donde está a novedade deste proxecto totalmente innovador donde cada peixe do Río Miño: lampreas, sables,…, que se xestionen a traverso deste sistema, serán tratados de xeito individualizado e se lle asignará a cada un deles un código numérico que acompañará ó peixe hasta que chegue ó consumidor final.
Via teléfono móvil ou Internet, o consumidor, se así o desexa, poderá comprobar cuando foi pescado, quen o pescou,…
Este sistema de trazabilidade estará a altura dos mellores sistemas a nivel mundial, pero ainda hai algo máis, algo que de momento non se está faendo en ningún lugar: a posibilidade de poder identifica-la procedencia dun peixe, incluso despois de cociñado.
O equipo de colaboradores que está axudando a José Benito no desarrollo do sistema; está traballando para que as lampreas do Miño poidan ser identificadas como tal, incluso despois de cociñadas.
As probas feitas no pasado mes de marzo deron resultados positivos e ahora estáse traballando no desarrollo dunha máquina que permitirá automatizar este proceso.
As probas finales faeranse coas primeiras lampreas da vindeira temporada e, no caso de que se consigan os resultados esperados, sería a guinda final a un sistema de trazabilidade que xa de por sí, sin este complemento adicional, ofrecerá unha garantía ó 100 % de que o cliente está comprando un producto procedente do Río Miño.
Este proxecto será presentado oficialmente a finais do mes de outubro e todo o equipo de traballo e os colaboradores que están axudando a José Benito, esperan ter todo listo para empezar a traballar tan pronto como empeze a tempada da lamprea.
Porque inda que a idea orixinal partiu de José Benito, o desarrollo do proxecto non hubera sido posible sin a axuda e o traballo de varias empresas e colaboradores da comarca do Baixo Miño, entre eles: Fernando Coello que se está encarregando do diseño da imaxe corporativa e da páxina web e a empresa Aplicaciones y Redes que está desarrollando o sistema informático da trazabilidade, incluida a parte na que o consumidor poderá verificar, a traverso de Internet, que o que está consumindo é realmente do Río Miño.
Engadir tamén que este proxecto empresarial xa conta cunha marca comercial que está rexistrada para toda España e Portugal.
Está sendo unha tarea dura, pero os componentes do equipo de traballo están moi ilusionados porque este proxecto, no caso de chegar a bo porto, pode beneficiar a muita xente e ademáis, encaixa perfectamente coa forma de pensar dos membros do equipo; xa que son personas as que lle gusta buscar outras formas de faer as cousas e, outra cousa no, pero este proxecto é algo radicalmente distinto a todo o que se está faendo, non sólo no Baixo Miño, senón en muitos outros lugares do planeta.
Ahora sólo falta esperar a que se comunique a data, posiblemente a finais de outubro, e o lugar no que se faerá a presentación oficial. Ese día, moi posiblemente, poderemos ver unha demostración virtual do sistema de trazabilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario