O CANTAUTOR TINO BAZ, EN OUTEIRO DE REI
- O artista guardés participou na homenaxe o poeta Manuel María
Infogauda / Outeiro de Rei
O pasado 8 de setembro tivo lugar en Outeiro de Rei, no corazón da Terra Chá, entrega da Navalla do Manuel. Un acto organizado pola Fundación Manuel María e que coincidindo co día do pasamento do poeta chairego, fáiselle entega deste galardón a aquelas persoas que estiveron vencelladas á vida e á obra de Manuel María. Este ano o galardoado foi Don Avelino Pousa Antelo, destacado loitador pola causa da Galiza, membro das Mocedades Galeguistas, compañeiro de Castelao, e difusor encargado da propaganda do Estatuto de Autonomía no ano 36.
Os que aparecen na foto cantando o Himno Galego no cemiterio de Outeiro de Rei, ao pe da tumba do poeta son: (De dereita a esquerda) Anxo Rei, Mero, Mini, Miro Casabella e Tino Baz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario