14 de set. de 2010

SANTA COLOMA DE GRAMENET

Rolda de prensa de presentación do festival CIRCE-CIRCUS: Por un Festiclown en Palestina en Santa Coloma de Gramenet


- A rolda de prensa desenvolverase o mércores 15 de setembro ás 13:00 horas no Centre d’Art Contemporani Can Sisteré. (Carrer de Sant Carles, s/n)
- Asistirán a, alcaldesa de Santa Coloma de Gramenet, a Nuria Parlon Gil así coma o director do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), Iván Prado, e os artistas Alba Sarraute e Pablo Muñoz, entre outros grandes do circo e do clown coma
Jango Edwards ou Cristi Garbo.
- CIRCE-Circus reunirá na localidade catalana a artistas como Leo Bassi, Tortell Poltrona, Jango Edwards, Cristina Garbo e Alba Sarraute os días 1, 2 e 3 de outubro
Durante a primeira fin de semana de outubro (días 1, 2 e 3) Santa Coloma de Gramenet converterase nunha gran pista de circo grazas ao festival CIRCECircus:
Por un Festiclown en Palestina. O evento, de carácter solidario, incluirá actuacións de circo, clown e teatro de rúa en distintos enclaves de Santa Coloma como a Praza da Vila, o Parque Europa ou a Praza Pau Casals.
Ademais, o parque de Can Zam albergará unha grande carpa de circo que acollerá durante todo a fin de semana actuacións infantís, así como un cabaret e un concerto o sábado pola noite.
Parte da programación do festival desenvolverase no Teatre Sagarra.
Concretamente, o sábado 2 de outubro ás 21:30h terá lugar a “Gala por Palestina”, que contará coa participación de Tortell Poltrona, Jango Edwards, Cristina Garbo e Alba Sarraute, entre outros. O Teatro tamén será o escenario de clausura do festival, que será protagonizado polo internacionalmente recoñecido Leo Bassi o domingo 3 de outubro.
A recadación íntegra de CIRCE-Circus irá destinada ao proxecto Festiclown Palestina, concibido pola asociación Pallasos en Rebeldía en colaboración co Circo Palestino de Ramala. O proxecto prevé, ademais de actuacións de clown e circo, obradoiros destinados á formación de risoterapeutas palestinos.
Durante o festival proxectarase o documental “Mashi: trasi que trasi!”, rodado en abril do pasado ano durante a última expedición a Palestina do colectivo Pallasos en Rebeldía e na que colaboraron activamente co Palestinian Circus School. O audiovisual, realizado por Edu Alter, recolle as dúas semanas de estancia do grupo nas cidades de Ramala e Nablús que tiveron como obxectivo o desenvolvemento de obradoiros de clown e risoterapia dos que se beneficiaron ao redor dun milleiro de persoas, principalmente nenos, adolescentes e mulleres maltratadas.
Destacadas figuras do panorama artístico internacional apoian o proxecto Festiclown Palestina, entre eles destacan o mencionado Leo Bassi, a cantante Amparo Sánchez (Amparanoia), así como numerosos membros do mundo do circo e do clown como Elliot (Bélxica) e Alba Sarraute (Cataluña) ou o mago Jorge Blas (Madrid), entre outros/as, que confirmaron a súa participación no festival.
CIRCE-Circus está organizado pola Asociacion Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía (promotora do proxecto Festiclown Palestina) en colaboración co Ajuntament de Santa Coloma de Gramenet, a Agència Catalá de Cooperació ao Desenvolupament e a Diputació de Barcelona.
Outras entidades que colaboran co festival son: Generalitat de Catalunya, Fundació Tallers, Casal de Joves Mas Fonollar, la Comunitat Palestina Catalunya, SC+, ACI, Fondo Comerç, Mercats de Santa Coloma, Carro de Baco, La colla vella de dibles, Gegants de Santa Coloma, Cia Circoxidado, La Bonita e Moritz.
Para profundar no proxecto Festiclown Palestina 2010:
Blogue de Festiclown Palestina
Dossier sobre Festiclown Palestina
Libro sobre o documental Mashi: trasi que trasi!
Facebook de Festiclown Palestina
Web de Festiclown
Contacto Prensa: A Costa Comunicació: Sandra Costa 933 103
sandra@lacosta.cat
Contacto CIRCE-Circus, Por un festiclown en Palestina: Claudia Delso 679 11
00
prensa@festiclown.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario