A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONSTRUIRÁ DEPURADORAS EN 6 NÚCLEOS RURAIS DE XINZO, MASIDE E O BARCO

Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense ven de adxudicar, por importe de 532.000 euros, a execución de 6 prantas depuradoras, que se construirán en pequenos núcleos rurais de Xinzo de Limia, Maside e O Barco de Valdeorras. Estas actuacións enmárcanse nos proxectos “Delorur, Terras do Avia e Arraiano”, financiados mediante axudas Feder.
As obras, denominadas construción de “Prantas depuradoras nodrizas de augas residuais domésticas e de lodos de fosas sépticas”, foron adxudicadas provisionalmente á UTE Sercoysa Proxectos y Obras, S.A.- Tesagua Tecnologías, S.L., e van suponer un importante avance na mellora do saneamento de pequenos núcleos de poboación do rural ourensán.Os proxectos “Delorur, Terras do Avia e Arraiano” que está a desenvolver a Deputación de Ourense permiten levar a cabo iniciativas que permiten mellorar infraestruturas e servizos no rural. Entre as actuacións que se realizan no marco destes proxectos figura a creación e posta en marcha dunha rede WiMax, que permite o acceso a servizos telemáticos nas zonas rurais.Tamén inclúen os proxectos liñas de axudas para financiar actuacións para peonalización, pavimentación, renovación de mobiliario urbano, supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de illas soterradas para recollida selectiva de residuos sólidos urbanos, ademais de subvencións para a conservación e rehabilitación do patrimonio etnográfico, entre outras accións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario