9 de set. de 2010

OURENSE

ULTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR TRABALLOS AO PREMIO “PURA E DORA” DE NARRACIÓN




Infogauda / Ourense


O domingo, día 12 de setembro, remata o prazo para presentar traballos literarios que concurran á VIII edición do certame “Pura e Dora Vázquez”, no apartado de narración.

Trátase de textos inéditos, que estean dirixidos maIoritariamente a un público infan til ou xuvenil, e ten unha dotación nesta modalidade de 3.000 euros.Posteriormente, o traballo gañador será ilustrado nunha segunda fase deste certame, para dar como resultado final un libro que se empregará como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.O certame “Pura e Dora Vázquez” de narración e ilustración infantil e xuvenil tenta homenaxear ás dúas poetisas ourensáns, que tanto traballaron ao longo da súa vida polos máis novos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario