O BNG do Rosal inicia unha campaña explicativa do seu traballo no concello

Infogauda / O Rosal
O Bloque Nacionalista Galego do Rosal iniciará o vindeiro luns, unha campaña por todas as parroquias e barrios do concello, na que fará balance do seu traballo no concello na presente lexislatura.
A campaña, que se estenderá até o mes de decembro, pretende facerlle chegar aos veciños, información do traballo realizado pola formación nacionalista, tanto das propostas realizadas, aprobadas ou rexeitadas, como do traballo fiscalizador ao goberno.
“Melloras que se teñen feito, como a actualización do rueiro; a remodelación da zona comercial de Ramón Franco así como a reforma do Auditorio, ou que se están en proceso de se executar, como a instalación de pasos elevados nas rúas céntricas do Rosal ou a creación dunha rotonda no cruce de Couselo, por citar algunhas, foron propostas e iniciativas do BNG. Os veciños non o saben, con esta campaña pretendemos darlle esta información” indica o responsábel local, Alberte Alonso Pereira.
Unha das cuestións que tratarán con máis extensión, será a aprobación inicial do Plan Xeral. Segundo Alberte Alonso, aínda que xa tiveron un acto no seu día informando das alegacións presentadas polo BNG, agora aproveitarán estas charlas por todos os barrios para informar sobre a súa posición nesta cuestión.
Tamén informarán da mala xestión do Alcalde á fronte do goberno municipal do Partido Popular. Indican os nacionalistas que nesta lexislatura, “por primeira vez, tívose que aprobar una plano económico financeiro para solventar o desequilibrio económico de 400.000 euros nos que, coa súa mala xestión, meteron ao concello. Un plano que xa retiraron porque era moi restritivo na capacidade de gasto, e para o ano hai eleccións”, incide Alberte Alonso.
Así mesmo, os nacionalistas aproveitarán para recabar información dos veciños sobre as necesidades dos barrios, co fin de presentar iniciativas no futuro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario