OS PARTICIPANTES NO 1º PASSEIO INTER-CLUBES DO MINHO XANTARÁN NA VILA GUARDESA, DE RECOÑECIDO PRESTIXIO GASTRONÓMICO
Está prevista a chegada de 150 coches antigos e unhas 300 persoas
Promovido polo Clube Automóvel Antigo e Clássico de Vila Nova de Famalicâo, o Clube Automóvel Antigo e Clássico de Braga e o Clube de Automóveis Antigos de Guimarães, este sábado día 18 de setembro terá lugar o 1º Passeio Inter-Clubes do Minho.
Nese importante evento está prevista á participación de 150 automoveis antigos e arredor dunhas 300 persoas, segundo afirmou a Infogauda, o guardés José Manuel Coballes, que colaboura na organización do 1º Passeio Inter-Clubes do Minho.
Os vistosos vehículos chegarán o concello de Caminha e logo de dar un paseo pola vila caminhense, dirixiránse o termo municipal de A Guarda, onde se lles agarda arredor das 14:30 h..

Na vila guardesa, os participantes no 1º Passeio Inter-Clubes do Minho disfroitarán de un saboroso xantar n´un restaurante de A Guarda, poboación de recoñecida tradición gastronómica.
Logo da comida, arredor das 16:30 h., os conductores e acompañantes levarán seus automóveis antigos até o porto de A Guarda, para deterse uns intres nos arredores do Monumento o Mariñeiro e posteriormente subir até o Monte Santa Trega, o poboado galaico – romano máis visitado de Galicia e ún dos encraves turísticos máis coñecidos nacional e internacionalmente.
O 1º Passeio Inter-Clubes do Minho terá na vila e concello de A Guarda, unha das súas etapas máis vistosas, xa que ademáis da beleza natural desta vila, haberá que engadir o atractivo dos automóveis antigos, que perfectamente coidados e funcionando como se fosen recén saídos de fábrica, constitúen unhas verdadeiras xoias da mecánica automovilística.
Marcas míticas, con motorizacións e acabados moi variadas, deportivos ou turismos, estarán representadas neste 1º Passeio Inter-Clubes do Minho do que o público tamén será partícipe coa súa presenza. Velaí unha boa oportunidade para ademirar verdadeiras obras mestras que a pesares de ter moitas décadas as súas costas, seguen funcionando para disfrute de todos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario