MOVISTAR DEIXA SEN SERVIZO DE TELEFONÍA A PARTE DA POBOACIÓN DE A GUARDA
- A incidencia afectou especialmente, a empresas e particulares

Infogauda / A Guarda
O longo da xornada do mércores día 15 de setembro, a operadora de telefonía móbil Movistar, da empresa Telefónica tivo unha presunta incidencia técnica que deixou - ó longo de prácticamente toda a xornada comercial -, sen servizo de telefonía móbil a numerosos usuarios do Baixo Miño, si ben a zoa máis afectada estivo focalizada - segundo nos comentarios varios lectores deste xornal dixital - en parte do termo municipal de A Guarda. A devandita incidencia cuia orixe e causa descoñecemos - e sobor da cal Infogauda o peche da edición, contactou con Movistar para coñecer de primeira mán a súa orixe, sen que nos fose facilitada a información que solicitamos o servizo 1004 - afectou de xeito notorio a empresas e particulares de A Guarda, xa que non podían recibir nin efectuar chamadas a traverso dos seus teléfonos móbiles nin contactar con outros usuarios dese tipo de teléfonos, ainda que lles chamasen desde teléfonos fixos.
Compre salientar que esa suposta incidencia técnica causou non poucos quebrantos de todo tipo a empresas, comerciantes, autónomos e particulares, clientes desa operadora de telefónia móbil. Por esa razón, sería convinte que Movistar dese ás correspondentes espricacions públicas, e sobor de todo, que poña tódolos medios a seu dispor para evitar que volte a repetirse outra situación semellante, porque a deste mércores xa non é a primeira vez que acontece.
Non estamos - como dín algúns representantes do Goberno - n´un país avanzado? Pois semella que non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario