A DEPUTACIÓN EDITA UN LIBRO SOBRE 100 ANOS DE POBRA DE TRIVES EN IMAXES

Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense presentou hoxe o libro “A Pobra de Trives 1875-1975”, unha escolma de fotografías antigas da comarca trivesa, realizada polo etnógrafo e investigador Tomás Vega Pato, que recolle en máis de 200 fotografías a vida cotiá das xentes de Pobra de Trives ao longo dun século.
Segundo explicou na presentación Xulio Fernández Senra, director da revista “Raigame”, “este traballo permite preservar moitas fotografías que, de non ser por este labor de compilación, acabarían perdéndose, e con elas unha boa parte da historia gráfica da nosa provincia, e en concreto da comarca de Trives”. Fernández Senra destacou a figura de Tomás Vega Pato como un investigador e artista polifacético, “que ten colaborado ca revista “Raigame” e co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo en numerosas ocasións, dando conta do seu bo facer con traballos sobre etnografía e antropoloxía”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, dixo que este libro “tráenos lembranzas do Trives dinámico e estratéxico que foi nas épocas en que a vía de comunicación máis importante con Valdeorras e Madrid pasaba precisamente pola comarca de Trives”. Tamén destacou Baltar o traballo que durante décadas realizou o fotógrafo Rizo, autor de gran parte das fotografías que figuran no libro.
José Luis Baltar afirmou que “máis ca un libro, este traballo supón recuperar a nosa memoria histórica, e dende a Deputación é un traballo que vimos facendo xa noutras comarcas e concellos como foron los libros do Carballiño, Xinzo de Limia, Celanova e O Barco, e seguiremos nesta liña recollendo a nosa historia da provincia de Ourense en imaxes”.
Finalmente, o alcalde de Trives, Luis Álvarez, agradeceu á Deputación de Ourense a edición do libro e tamén “a todas as persoas que cederon amablemente fotografías das súas coleccións particulares para que este libro fose unha realidade”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario