15 de set. de 2010

BAIXO MIÑO

O BNG AFIRMA QUE HAI MOITOS ANOS QUE NON SE RECORDABA UN PRINCIPIO DE CURSO TAN PROBLEMÁTICO



- Xosé Manuel Méndez afirma: "Atopámonos diante da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia máis incompetente de todos os tempos".



Xosé Manuel Méndez, Responsábel Comarcal do BNG do Baixo Miño



BNG / Baixo Miño


O Responsábel Comarcal do BNG do Baixo-Miño, Xosé Manuel Méndez afirma que hai moitos anos que non se lembraba un comezo de curso con tantos problemas.
Son moitos os centros da comarca que comezaron as clases sen o profesorado que lles corresponde a pesar de que os centros de ensino tiñan feito as peticións diante da Consellaría de Educación. Só por citar algúns exemplos comezaron as clases sen o profesorado necesario o CEIP de Refoxos en Oia, o CRA Mestra Clara Torres de Tui, o CEP de Caldelas de Tui ou o CPI Suárez Marquier do Rosal.
Méndez denuncia tamén a supresión de prazas de audición e linguaxe en varios centros da comarca entre os que cita os centros de Oia, O Rosal e os CEIP As Solanas e o Sinde de A Guarda.
Se a esto engadimos a eliminación da gratuidade dos libros iniciada o ano pasado e o despilfarro que supón a substitución de libros de texto en vigor por estar en galego, atopámonos diante da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia máis incompetente de todos os tempos.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
O PUNTAL DI:
O que sae na foto, é un incompetente, un novo burgués, co mesmo pensamento que o presidente francés.
Anónimo dixo:
XA CHEJOU O INVERNO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario