2 de ago. de 2010

A GUARDA

ECOS DAS NOITES GUARDESAS

Infogauda / A Guarda
Un veciño e lector deste xornal dixital vén de remesar a redacción de Infoguda, unha nota de prensa na que dí o seguinte:
Mándolles esta nota que o dice todo. Débolles comentar que o sábado pasado ao rematar as actuacions das Noites Guardesas que organiza todos os anos o Ximnasio Do-Majó - o evento rematou ás 23.40 h. - presentouse unha parella da Guardia Civil por unha denuncia.
Nós non estuvemos cando empezou pero sí cando rematou e pódolles decir que do equipo de goberno sólo miréi a Tere, ningún máis de Cultura ou Deporte. Iso sí cando o "fotógrafo oficial" mirou a parella da Guardia Civil fuxiu.
O que é de vergoña que esa noite unha vez rematou o evento, fomos ata la lonxa e topamos con uns amigos e os acompañamos ata a Alameda e logo baixamos pra mirar a exposición que puxeron Toñito Martínez e compañía, o lado da Confitería Estévez, e cando íbamos pola Praza Nova escoitábase muita barullada de música. Cando subíamos pola Rúa Cervantes, máis. Cando chegamos a Praza do Relo, á 01:30 pasadas, era un caos. Música a todo volume, xente con roupa de vir dunha voda sentados por xunto a Torre do Reló,... Inclusive os coches que subían pola rúa Colón tiñan muitos problemas pra poder pasar e evitar atropelar a alguén.
O posto da Policía Local estaba aberto. Estivemos falando varios minutos con uns veciños que estaban tomando algo na terraza de unha das cafetarías. Iso sí, a Policía Local non se asomou.
Pra un evento deportivo e sán póñense impedimentos e pra outras cousas nada. Dudo que tivesen unha multa ou denuncia.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Morais dixo:
Estás abraiado, o deporte na Guarda é unha vergonza. O responsable de deportes ten o deber, a obriga de fomentar, buscar cartos, apoiar, etc..., dedicouse a saquear e desmantelar os locais deportivos das entidades deportivas guardesas, manifesto que é, un incapacitado concelleiro de deportes e digo isto polos feitos. O deporte fai pobo, cidadanía pero estes ilustrados así como o seu antecesor non se enteiran e non estan pola labor. Son xenios da demagoxia, da mentira,... o seu é eliminar o que non poden controlar.
A Propaganda é o seu, rápidos en sacar a bandeira bicolor isto mola moito, "os franquistas saíron do tobo"
É moi bó o comentario "fotógrafo oficial".
Morais

Ningún comentario:

Publicar un comentario