O CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS GAÑA A 6ª COMPETICIÓN DE PROMOCIÓN SLALOM
Rosa Fernández / Caldelas de Tui
O pasado domingo, día 1 de agosto, tivo lugar en Caldelas de Tui, a 6ª competición de promoción de Slalom organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Piragüismo Penedo. Participaron seis clubs de toda Galicia nas categorías benxamín, alevin e infantil.
A xeira na que participaron os máis pequenos dos clubs galegos desenrolouse ao longo de toda a mañá con dúas mangas en cada categoría. Cabe destacar deste deporte a boa relación entre os nenos e nenas de diferentes equipos, que chegan a animarse uns a outros, e os lazos de amizade que ao longo das diferentes competicións se van establecendo entre eles.
No remate da xornada os Teixugos tiñan no seu haber tres medallas de ouro, dúas de prata e tres de bronce, os bos resultados obtidos polos nenos e nenas valéronlle o primeiro posto por clubs.

OS TEIXUGOS EN SORT
Por outro lado, o 24 de xullo, os Teixugos xuvenís acudiron a V Liga de Jóvenes Promesas de Slalom 2010, celebrada na localidade catalá de Sort. Como xa é habitual vascos e catalás fixéronse coa maioría das medallas ao contar nas súas comunidades con infraestruturas e apoio económico para augas bravas.
Destacaron Andrea González e Laura Alonso que se fixeron coa 5ª e 6ª posición en K1 feminino e co 3º e 5º posto en C1 e Iago Patiño que acadou o posto 14 en K1. O Club Deportivo Miño quedou noveno, sendo o club galego mellor calsificado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario