29 de xul. de 2010

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN INSPECCIONARÁ AS TAXAS QUE AS COMPAÑÍAS DE TELEFONÍA MÓBIL, AUGA, GAS E ELECTRICIDADE PAGAN ÓS CONCELLOS A MODO DE TRIBUTOS
Con esta iniciativa a entidade provincial abre unha nova canle de axuda ós concellos da provincia co obxectivo de paliar a crise financeira pola que están atravesando


Infogauda / Pontevedra
O ORAL, Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra, será o encargado de inspeccionar as taxas que lle corresponden ós concellos en relación cos servizos de auga, gas e electricidade; tamén se fará cargo da recadación e inspección da taxa que deben pagar as empresas de telefonía móbil ás casas consistoriais.
En concreto, o Consello Rector do ORAL aceptou a delegación realizada por varios municipios, como Lalín, Porriño, Covelo e a Illa de Arousa, entre outros, para a inspección da taxa do 1,5 % pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou no vo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos.
Doutro lado, aceptou tamén a delegación da recadación e inspección da taxa que deben pagar as empresas de telefonía móbil ó Concello de Sanxenxo.
Estas taxas son tributos que as compañías de telefonía, gas, auga e electricidade deben abonar ós municipios. O seu importe se calcula en función da facturación que as empresas realizan a veciños e residentes. Sendo así, a tarefa do ORAL será comprobar que as empresas están liquidando a cada concello a contía que lle corresponde.
Con esta iniciativa, a Deputación abre, unha vez máis, unha nova canle de colaboración cos concellos da provincia co obxectivo de paliar a delicada situación financeira pola que están atravesando. Se trata dunha acción pioneira en Galicia, que superará as dificultades técnicas derivadas da análise da facturación das empresas subministradoras e da determinación das cotas tributarias axeitadas, que a cotío fan ós concellos desistir de comprobar si as cantidades que perciben son as correctas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario