19 de xul. de 2010

OURENSE

BRAÑAS FOLK E COANHADEIRA, REPRESENTARÁN A OURENSE NO 40º FESTIVAL DE LORIENT





Infogauda / Ourense



Os grupos “Brañas Folk” e “Coanhadeira” serán os representantes ourensáns na 40ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, que se celebrará nesta cidade francesa do 6 ao 15 de agosto. Esta mañá tivo lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense a relación de grupos galegos que participarán no evento máis importante no mundo da música celta, que prevé reunir este ano a máis de 500.000 persoas e 4.500 músicos e artistas chegados de todo o mundo.
O delegado do Festival de Lorient para Galicia, Juan Ignacio Pérez Ramos, dixo na presentación que este ano o festival está dedicado á Bretaña, “pero aínda así a representación de Galicia será ampla e de gran calidade”, e citou a grupos como “Milladoiro”, o Coro “Cantigas da Terra”, e o grupo nobel “Saldos Negativos”, asi como os solistas Brais Paz, Jesús Sánchez, Pablo del Amo e Raúl Lacilla. No apartado de artistas, a participación galega corre a cargo da escultora Mercedes Pico, que leva o seu arte de cerámica á exposición “Euroceltic Art”.


“Brañas Folk” é unha formación liderada por Manuel Brañas, músico cunha longa traxectoria e que xa ten participado en anteriores edicións do Festival de Lorient con grupo “Arco da Vella”. Pola súa banda “Coanhadeira” naceu en Ourense no ano 2006 e dende entón fíxose un sitio destacado na nosa música folk, recollendo melodías tradicionais que foi adaptando a novos ritmos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario