
Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recibíu hoxe aos enfermeiros e matronas de Níger que están a participar nun programa de cooperación sanitaria entre Ourense e o país africano, promovido pola Fundación para O Desenvolvemento da Enfermeiría (Fuden) e coordinado pola enfermeira de O Barco María Victoria Núñez.
O programa consiste na formación, por parte de profesores españois, de persoal sanitario nigerino nos seus hospitais de referencia, para posteriormente viaxar a Galicia, en concreto ao Hospital de O Barco de Valdeorras, para coñecer o funcionamento dun centro médico en España e, en xeral, do noso sistema sanitario.A experiencia foi cualificada por Victoria Núñez como un éxito “porque para os nosos colegas de Níger supón unha oportunidade única para coñecer a nosa sanidade, e para todos nós é un enriquecemento humano e profesional que nos anima a seguir levando a cabo proxectos deste tipo”.Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, agradeceu á Fundación Fuden a realización do proxecto, “non só polo aspecto técnico da visita destes profesionais sanitarios, senón tamén polo carácter humanitario deste programa. Este intercambio debe continuar no tempo porque nos sirve para manter unha colaboración mutua, e para que nós tamén saibamos valorar o gran sistema sanitario que temos en España e en Galicia”.O coordinador de enfermeiría nigerino, Ibrah Boukary, agradeceu a hospitalidade e a atención que están a recibir en Ourense e no Barco, “porque o que máis valoramos e que a xente fai que non nos sintamos estranxeiros, e iso é unha motivación especial nesta nosa primeira visita a Ourense”. Tamén destacou Boukary que unha das cousas que máis lles chamou a atención nos hospitais de Ourense foi o elevado control dos dispositivos de hixiene e asepsia, xunto coa alta tecnoloxía que se emprega nos hospitais, algo do que teñen carencias en Níger.
Ningún comentario:
Publicar un comentario