6 de xul. de 2010

OURENSE

O CONCERTO DE LEONARD COHEN SERÁ NO PACO PAZ


Infogauda / Ourense


Definitivamente, o concerto de Leonard Cohen en Ourense será o vindeiro día 11 de setembro, no recinto do Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación provincial.
Así lle foi confirmado esta mañá ao presidente da Deputación, José Luis Baltar, por parte do conselleiro de Cultura da Xunta de Gal icia, Roberto Varela. Este concerto está promovido polo Xacobeo e conta coa colaboración económica e en materia de infraestructura da Deputación provincial.
José Luis Baltar adiantou que ainda non está decidido o prezo das entradas pero “vai ser un prezo económico, para que poida asistir todo aquel que o deséxe. Dende logo, en Ourense vai ser moito máis asequible que noutras cidades”, dixo o titular da Deputación.
Segundo o acordo establecido co Xacobeo, a recadación será para a Deputación, polo que a institución provincial porá prezos especialmente subvencionados. ”Faremos un esforzo para que sexa o mais económico posible. Polo prezo non vai ser o problema”, dixo Baltar Pumar.
O presidente da Deputación tamén anunciou que un día antes, o 10 de setembro, celebrarase unha nova edición de “HOUSRENSE”, a festa da música house e disco que tamén acolle habitualmente o pazo Paco Paz e que contará novamente cos DJ´S máis destacados do panorama actual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario