6 de xul. de 2010

O ROSAL

ADIADA Á EXPOSICIÓN COLECTIVA "MEDICINA E ARTE"

- O local onde ía ter lugar a mostra artística continúa ocupado polas dependencias provisorias do Cuartel da Guarda Civil




Infogauda / O Rosal
Por causas alleas os orgaizadores é o Concello do Rosal, á exposición colectiva "Medicina e Arte", que estaba previsto se celebrara do 16 ó 26 deste mes de xullo, coincidindo coa XVIII Feira do Viño do Rosal e coas Festas Padroeiras; tén que ser adiada sine die.
Segundo puido á Redacción deste xornal dixital, o alcalde rosaleiro Jesús María Fernández Portela, dirixiuse á Administración central solicitando o desaloxo da sá que por causa das obras que se viñeron efectuando na Casa Cuartel da Guarda Civil, na veciña localidade de A Guarda; veñen ocupando con carácter provisorio, na vila do Rosal, os efectivos da Benemérita.
Para que á devandita exposición "Medicina e Arte", puidera ter lugar na sá prevista - baixos da antiga Cámara Agraria -, a Administración central tería que respostar decontado autorizando que os membros da Guarda Civil pasasen novamente a Casa Cuartel de A Guarda, onde ás obras están prácticamente rematadas. A día de hoxe, segundo nosas referenzas tan só queda por rematarse o peche perimetral do cuartel sito no Paseo de Portugal, obras que por certo, xa puderon ser efectuadas nos meses precedentes. Pero neste país, xa se sabe, o que sería normal, eiquí adequire outra dimensión.
Dese xeito o Concello do Rosal, que asumiu voluntariamente á cesión das instalacións provisorias do Cuartel da Guarda Civil, cando era un asunto que debera haber resolto a nivel doméstico, o grupo de goberno de A Guarda - cousa que non fixo -; vése agora afectado por esa incidencia que soamente lle reporta inconvintes o concello rosaleiro. De tal xeito que segundo pudo saber Infogauda, á concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, síntese coa impotencia e o malestar de non poder acoller os artistas que ían participar nesa mostra colectiva "Medicina e Arte".

Ningún comentario:

Publicar un comentario