20 de xul. de 2010

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONVOCA O XXIV CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"





Marisol Diz Amil / A Guarda

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA convoca o XXIV CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN" con arranxo ás seguintes bases:

1.- Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.
2.- Os traballos serán orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema será libre, igualmente a forma.
3.- Cada concursante remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada poema.
4.- Os traballos presentaranse mecanografados a dous espacios e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada se farán constar os datos do autor así como o enderezo e número de teléfono. Os orixinais se remitirán ó seguinte enderezo:


Apdo. de Correos, 69 - 36780 A GUARDA (Pontevedra)

5.- Xulgará o presente premio un xurado constituído por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ao emitirse o fallo.
6.- O fallo do xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación, e comunicaráselle directamente aos gañadores.
7.- O Premio "Feliciano Rolán" de Poesía estará dotado con:

PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa
SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa
TERCEIRO PREMIO: 60 Euros e Placa

A Agrupación Cultural Guardesa concederá un accésit si o considera oportuno segundo o acordado na Asemblea do 16 de abril de 2010.
Os Premios serán entregados nun Acto Cultural Poético a celebrar en A Guarda o venres 27 de agosto ás 9:30 da noite no Centro Cultural da Guarda. Non poden ser declarados desertos.
8.- O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 14 de agosto de 2010
9.- Non se manterá correspondencia sobre o concurso, e os traballos non premiados e plicas serán destruídos rematando o fallo do Xurado.
10.- Os traballos premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, podendo esta publicalos cando o considere conveniente.
11.- A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como tamén a decisión do xurado para algún caso non previsto nas mesmas.

A Guarda, 12 de xullo de 2010


A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS PREMIADAS NO ACTO DE ENTREGA


Este Premio está Patrocinado polo EXCMO. CONCELLO DE A GUARDA.

Colabora: COMISIÓN DAS FESTAS DO MONTE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario