16 de xul. de 2010

A GUARDA

ANABAM NA MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS


Os vindeiros 24 e 25 deste mes de xullo, ANABAM vai ter un stand na 2ª Mostra das Tradicións Mariñeiras que terá lugar no porto da Guarda

Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda


ANABAM, mantivo dende un principio unha forte vinculación co mundo do mar, non podía ser doutro xeito tendo en conta que esta asociación naceo e ten a súa sede nun concello mariñeiro. Testimonio directo da nosa andaina podemos atopalo nas varias publicacións editadas e nos estudos desenvolvidos por distintos membros da mesma. Artes de pesca, biodiversidade da zona intermareal, varamentos de cetáceos, tartarugas e focas; estudo e recollida de datos de gaivotas; creación do primeiro Museo do Mar que houbo na Guarda; recollida de útiles e aparellos utilizados polos mariñeiros guardeses; exposicións relacionadas co mundo do mar; as marcas dos mariñeiros; recollida de cordas, bollas e plomos; vídeos... e un longo etc, pon de manifesto que ANABAM sempre estivo vinculada ao mundo do mar. Por iso, agrádanos poder participar nesta Mostra organizada polo Concello da Guarda e na que participan outras asociacións, a maior parte das cales tamén están vinculadas con esta temática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario