Orchis maculata

(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo - Anabam: 26-06-2010).
ANABAM / Baixo Miño
Os humedais de Pinzás, Tomiño, seguen a ser unha das máis interesantes zonas ecolóxicas do Baixo Miño. Puidemos comprobalo unha vez máis. A recente visita efectuada a esta área, levada a cabo o sábado 26 de xuño pasado por Luis Dorado Senra e Agustín Ferreira Lorenzo, deparounos unha agradable e inesperada sorpresa: a localización de varios exemplares da orquídea Orchis maculata, co que este enclave convértese no segundo lugar do Baixo Miño con presenza desta especie, o primeiro do concello de Tomiño. A primeira cita corresponde a Torroña, no municipio de Oia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario