11 de xuño de 2010

O ROSAL

CHARLA DE CARLOS TAIBO NO ROSAL

Carlos Villanueva / Presidente do Colectivo Sociocultural Carballas

O vindeiro luns, 14 de xuño, á 20:30 h, terá lugar no Centro Social Polivalente do Rosal unha charla que, co título "EN DEFENSA DO DECRECEMENTO ECONÓMICO", dará o profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo Arias. A charla está organizada polo la Asociación Colectivo Sociocultural Carballas. A presentación estará a cargo de Ramón Leal.

Carlos Taibo Arias é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É autor de vinte libros e varias monografías, que tratan na súa meirande parte sobre as transicións na Europa do leste e sobre temas xeopolíticos de interese xeral.

Nos últimos anos os seus escritos tratan da globalización e do crecemento económico, procesos aos que critica duramente, por consideralos contrarios aos conceptos de progreso e benestar.

Nas súas propia palabras:

O crecemento económico non xera –ou non xera necesariamente– cohesión social. [...] Xera agresións medioambientais que en moitos casos son, literamente irreversibles. [...] Provoca o esgotamento dos recursos [...] e facilita o asentamento do que máis de un ten chamado “modo de vida esrlavo”, que nos fai pensar que seremos máis felices cantas máis horas traballemos, máis cartos gañemos e, sobre todo, máis bens acertemos a consumir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario