4 de xuño de 2010

O ROSAL

CONCERTO DE NORDESTIN@S NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL

Foto: Xulio Villarino
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
Organizado pola concellaría de Cultura do Concello do Rosal, que dirixe Charo Tabales Perozo, e dentro da programación do Xacobeo 2010, o sábado día 5 de xuño, ás 21 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar o concerto de Nordestin@s. (http://www.nordestinas.eu/).
Este grupo está formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugía Pedreira (Chouteira, Marful).

Ningún comentario:

Publicar un comentario