O DOMINGO, DÍA 6 DE XUÑO, ÁS 20:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL, REPRESENTACIÓN TEATRAL
- Os alumnos da Escola Municipal de Teatro de A Guarda, presentan a obra: "Catalina Zucco", baseada no texto de B.M. Koltes

Os alumnos da Escola Municipal de Teatro de A Guarda, convidan a tódalas persoas que ainda non presenciaron a obra de teatro “CATALINA ZUCCO”, a que se acheguen ao Auditorio Municipal do Rosal, o vindeiro domingo día 6 de xuño, ás oito e media da tarde, onde voltarán a representala.
"Ánimo veciños, axudádenos coa vosa presenza. Todo o noso traballo de meses preparando a obra queremos compartilo con todos vos. Gozaredes con nós, pois a intriga manteravos atentos ao escenario desde o comezo ata o remate", dixo a este xornal dixital ún dos actores de reparto da obra "Catalina Zucco".
A entrada é de balde.
Desexamos, como en A Guarda, enchades tamén a sala.
Graciñas a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario