2 de xuño de 2010

A GUARDA

“ATRACCIONS TURÍSTICAS” NO NOVO PASEO




Infogauda / A Guarda
A traverso dunha nota de prensa remesada a este xornal dixital, os concelleiros Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, do Grupo Municipal Terra Galega / Iniciativa Veciñal, informan sobor d´un novo "atractivo turístico", que o Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda amosa a vista de todo o mundo, preto da senda litoral, "atractivo" - con simboloxía franquista incruída - que ven a aquilatar aínda máis a nefasta xestión do grupo maioritario, nunha obra que non conta co beneplácito dos veciños da Avda. Fernández Albor e un importante grupo de empresarios da hostalaría local, e que ademáis, non resolve, senón todo o contrario, a falla dunha saída sur do porto guardés.
Sen máis preámbulos, transcrebemos literalmente o comunicado dos concelleiros de TEGA / Iniciativa Veciñal, na que dín o seguinte:
Unha pequena camiñada pola zona aledaña o “novo paseo” fáinos coñocer unha serie de puntos que deberían ser incluídos na Guía Turística de A Guarda, xa que está sendo un dos temas máis comentados polos veciños e visitantes que percorren esa zona.
Entre aporcallada e o cheiro que xurde polas tapas do alcantarillado e a acumulación na Fonte de Santa Catalina, o “ambientador” existente nesa zona, fai que nalgúns momentos en que o vento do norte trai estes perfumes, os vellos non poden sentarse nín nos arredores da Lonxa.
Se tanta é a preocupación que manifesta o grupo de goberno en arranxar a desfeita deste paseo, deben pasar pouco polo lugar, xa que non estamos falando dún sitio que quede escondido, xa que está a vista de todos.
Dende INICIATIVA VECIÑAL por GALICIA, vimos a solicitar que de maneira urxente, se proceda a limpeza e adecentamento da Fonte de Santa Catalina e os seus arredores, a fin de sanear este lugar, así como tamén a tomar aquelas medidas complementarias que son precisas para o ornato e seguridade de todos aqueles que transcurren polo lugar.
Din que unha imaxe dín máis que mil palabras, e para que non haxa dúbida da situación, aportamos unha pequena mostra, e así esperamos que dende o Concello tomen as medidas que se precisan.
A Guarda, a 02 de xuño do 2.010
Celso R. Fariñas / Isabel Lidia González Alonso
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Xa postos a limpar, poderían limpar de paso a estes impresentables de Terra Galega?
INICIATIVA VECIÑAL dixo:
O de impresentables, será porque non precisamos presentacións, pero o anterior soio nos resta decirlle que: "LADRAN, SEÑAL QUE CABALGAMOS".
Anónimo dixo:
"Impresentable: Que non se pode levar ante ninguén porque é malo, feo, desagradable ou ten algún defecto". É unha definición de dicionario que cadra á perfección con esta xentuza. Se non lle gusta non se meta en política e despois lle veña con reprimendas a outros. De sobra sabemos que forma de actuar teñen os interesados que estiveron chupando do bote en anteriores lexislaturas. Por certo, para cara de can a súa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario