2 de xuño de 2010

A GUARDA

ROBALEIRA CAMPIONS GALEGOS DE TRAINEIRIÑAS


Miguelorio / A Guarda
A pasada fin de semán o noso clube voltou de Meira(Moaña) cunha nova bandeira, a bandeira de Campións Galegos en Traineriñas en categoría xuvenil masculina, título que nunca antes fora acadado polo noso clube neste tipo de embarcacións. Depois dunha xornada do sábado onde Robaleira vencía sen moitos apuros, pensando só na final do domingo, chegou a gran final clasificable para o Campionato de España, onde os xuveniles de Robaleira depois dun 1º largo moi axustado, chegando a boia en 2º lugar por detrás de Vilaxoán, a só 1" e 3" por diante de Cabo da Cruz, conseguiron remontar xa chegando a 2º virada 4" por diante de Vilaxoan (2º) e a 6" de Cabo da Cruz (3º); para xa nos últimos dous largos aumentar aínda a vantaxe un pouco máis ata chegar a 9 e 11 segundos de Vilaxoán e Cabo da Cruz respectivamente, proclamándose así Campións Galegos, e clasificándose ademais para o Campionto de España da vindeira finde semán en Vilaxoan (Vilagarcía).
Ademáis, tamén as nosas remeiras que participan co clube de Nautico de Vigo acadarón un moi bó resultado, pois conqueriron o subcampionato galego, quedando 2º na final só por detrás de Samertolameu de Meira. Así pois, tamén elas estarán xunto os xuveniles no Campionato da vindeira semán, onde esperemos que volva a xuntarse unha boa afección para animar ao noso clube nas derradeiras e máis importantes regatas da tempada de traineriñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario