A DEPUTACIÓN ANALIZARÁ AS AUGAS DE CONSUMO HUMANO DOS CONCELLOS DA PROVINCIA
A Deputación provincial de Ourense analizará os abastecementos de auga para o consumo humano dos concellos da provincia, cumprindo o previsto no programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano de Galicia (2008-20102).
A institución provincial ofrecerá aos concellos interesados neste servizo a sinatura dun convenio de colaboración que suporá a prestación dunha serie de accións como a toma de datos representativos do abastecemento por parte dun técnico, elaboración de planos detallados das instalacións que formen parte do abastecemento e redactarese un protocolo de autocontrol e xestión do devandito abastecemento.

O servizo prestado pola Deputación efectuarase a través da entidade Aquaourense, empresa mixta participada pola institución provincial.
Os concellos interesados nesta colaboración deben designar a unha persoa de contacto que coñeza as instalacións e localizacións dos abastecementos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario