RECORD DE MEDALLAS PARA O CLUB SAN XEROME, NO CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

José Carlos González Blanco / A Guarda
Un total de 18 medallas acadaron os deportistas do Club Deportivo San Xerome no Campionato Galego de Atletismo celebrado o mércores 19 de maio nas pistas de Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, organizado pola Federación Galega de Deporte para Discapacitados Intelectuais (FEGADDI).
Na categoría de competición (máxima categoría), Borja Cadilla foi 2º en 800 m., , Fabio Martínez 2º e Domingo Albadalejo 3º en lanzamento de peso, Javier Vieira 2º en 3.000 m. e 3º en 1.500 m., Amparo Ferreira 1ª en 3.000 m., Maite Santos 3ª en 800 m., María García 2ª en lanzamento de peso. Ademáis o equipo de relevos femenino de 4X100 (Amparo, Maite Santos, Maite Barros e María) acadou o terceiro posto.
Na categoría adaptada Francisco Martínez foi 2º en 400 m. e 3º en 800 m., Carmen Verde 1ª en 150 m., Maite Barros 1ª en salto de lonxitude, 1ª en 400 m. e 3ª en 150 m.
Na terceira categoría (xogo participativo), Rosa María Alvarez foi 1ª en lanzamento de peso, 1ª en 150 m. e 1ª en 60 m.
Novo éxito polo tanto do Club Deportivo San Xerome, que espera refrendar este éxito no Campionato de España que terá lugar en Pontevedra os vindeiros 28 e 29 deste mes de maio.
Noraboa os incansables adestradores José A. González Morais, Roberto Martínez, David Parada e Mario Lomba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario