21 de maio de 2010

GALICIA

Economía e Industria destina 500.000 euros á segunda edición do Plan renove de electrodomésticos 2009 e abre a solicitude de axudas o próximo luns


Infogauda / Galicia
O director do Instituto Enerxético de Galicia subliña que esta nova actuación, que se enmarca dentro da aposta global da Xunta polo aforro e a eficiencia enerxética, se explica en base ao elevado número de solicitudes recibidas que fixo que os 4 millóns de orzamento inicial se esgotasen en só 29 días.
A solicitude de axudas, dunha contía máxima do 25% do prezo do electrodoméstico e de ata 125 euros por equipo, poderase realizar ata o 30 de outubro ou ata a finalización de fondos.
A incidencia total que se prevé co Plan Renove de Electrodomésticos 2009, executado por completo, é alcanzar un investimento asociado de 18 millóns de euros e chegar a preto de 49.000 familias beneficiadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario