31 de maio de 2010

GALICIA


José Hermida: “O Goberno non quere nada de transferir competencias policiais”


Sonia Dapena

O alto mando di que os equipos de atestados son dos “primeiros a nivel mundial”

José Hermida, jefe de la Guardia Civil de Tráfico en Galicia / Foto: Amador Lorenzo



Recentemente chegado ao cargo, o xefe da Garda Civil de Tráfico xa tivo que redactar un informe sobre o protocolo que se segue para investigar os accidentes para o fiscal superior de Galicia. Ademais afirma que a colaboración entre distintos organismos e os programas son cada vez mellores.

O fiscal pediulle un informe. Cal foi o seu contido?
Pediunos que lle explicaramos o noso traballo á hora de practicar os controis de alcoholemia aos feridos nun accidente porque quere establecer un protocolo estandarizado que regule que o médico teña a obriga de facer a analítica e remitirlla ao xulgado. O problema é que se es responsable dun accidente e non estás en condicións de facer a proba porque te evacúan nunha ambulancia, o equipo de atestados ten que ir ao centro hospitalario e, se é posible, facer o control. Se non se pode facer, pídeselle ao médico que das mostras terapéuticas que extraen para análises garde unha para os axentes mentres xestionamos co xuíz a autorización xudicial para poder analizala. Normalmente é así, pero pódeste atopar un médico ou xuíz que non colabore. O que non pode ser é que a Garda Civil teña que andar rogando para facer o seu traballo. Coas persoas falecidas non hai problema porque a autopsia é obrigatoria.



Fuente: xornal.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario