A CONCELLARÍA DE CULTURA ORGANIZA UN CONCERTO DA BANDA “LA MINITÍPICA” O VINDEIRO SÁBADO NO AUDITORIO DE GOIÁN
O grupo interpretará principalmente música de tango pero tamén outros ritmos do folclore arxentino
Carmen Somoza / Goián
A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que dirixe Jesús Castiñeira, presenta o vindeiro sábado, 10 de abril, un concerto da banda de tango “La Minitípica”.
O espectáculo do grupo, que actuará acompañado polos seus bailaríns, será no Auditorio Municipal de Goián ás 21.30 horas.
“La Minitípica” é unha formación composta por tres músicos bonaerenses e un galego, por esta orde: Gerardo Rebagliati (voz e segunda guitarra), Juanma Ons (guitarra e segunda voz), Alejandro Szabo (bandoneón) e Brian Moure (contrabaixo).
A formación ten gravados varios discos e acostuma a facer numerosos directos dando a coñecer o seu amplo repertorio, ofrecendo ao público música de tango, pero tamén milongas e candombé, así como outras manifestacións do folclore arxentino.

Ningún comentario:
Publicar un comentario