8 de abr. de 2010

OURENSE

TALLER DE DEBUXO E PINTURA AO AIRE LIBRE NO PARQUE MIÑO


Infogauda / Ourense


A Escola de Artes e Oficios da Deputación, a través de profesora Modesta Solano, organizará a partires do sábado, día 10 de abril, un taller de debuxo e pintura ao aire libre, aberto tanto para alumnos da escola como a calquer cidadán que desexe participar. O taller principiará ás 10:30 horas no espazo natural do Parque Miño e ensinarase aos asistentes a debuxar e pintar paisaxes da nosa cidade.
O obxectivo é amosar parte do traballo e das actividades da Escola de Artes e Oficios da Deputación á propia cidadanía de Ourense e promover tamén actividades que supoñan un atractivo adiccional.O que pretendemos con este taller é confrontarnos coa observación directa da natureza (diversa, complexa e cambiante) e desenvolver a inmediatez entre o observado e o plasmado, debendo adoptar decisión para dar solución á necesidade de concluir o traballo encetado.A idea da Escola de Artes e Oficios da Deputación é repetir esta actividade e facela dous sábados ao mes. É totalmente gratuita e aberta á participación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario