16 de abr. de 2010

SALCEDA DE CASELAS

“Xuntos é posible” será o lema do IV Congreso do PP de Salceda de Caselas, no que Santiago Rodríguez Davila optará á elección como presidente local


Partido Popular / Salceda de Caselas

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e o presidente provincial do partido en Pontevedra, Rafael Louzán, clausurarán o congreso

· Celebrarase no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas mañá, sábado, ás 19,00 horas


O PP local de Salceda de Caselas celebra mañá, baixo o lema Xuntos é posible, o seu IV Congreso local, no que Santiago Rodríguez Davila optará á elección como presidente da nova executiva.
Tras pecharse a última hora de onte, xoves, o prazo para a presentación de candidaturas á presidencia do PP local, Santiago Rodríguez Davila, actual concelleiro do PP na corporación municipal, someterá mañá a súa candidatura ao referendo dos afiliados e militantes do partido.
O Congreso local, que terá lugar a partir das 19.00 horas no Auditorio Municipal, permitirá fortalecer e renovar a formación popular neste concello que, ata o de agora, estaba dirixida por unha xestora encabezada por Emma Pereira.
O Congreso contará coa asistencia de máis de 200 persoas, entre as que figuran diversos dirixentes provinciais e autonómicos do partido, ademais de representantes do PP na comarca, como alcaldes, presidentes locais e voceiros municipais. Ao acto tamén asistirá a presidenta de NNXX do País Vasco, Leticia Comerón.
Na clausura do acto está previsto que participe o presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, así como o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.
ORGANIZACIÓN DO CONGRESO
Durante estes últimos 30 días, a Xunta Directiva aprobou o regulamento deste Congreso e nomeou unha comisión organizadora responsable do impulso, coordinación e bo funcionamento do evento.
O pasado 25 de marzo rematou o prazo de presentación do candidato á Presidencia, para o que se precisaban o apoio dun mínimo de 25 militantes, e onte, 15 de abril, finalizou o prazo para que os candidatos presentasen a lista completa das persoas propostas para integrar o Comité Executivo, acompañada de cen avais. Santiago Rodríguez Davila presentou, como único candidato a Presidencia, a súa candidatura, integrada por unha trintena de persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario