20 de abr. de 2010

O ROSAL

V FEIRA DE OPORTUNIDADES ORGANIZADA POR ACOR


Nerea Alonso Rodríguez (autora do debuxo gañador) e José Martínez González, presidente de ACOR

Informa (texto e imaxes): Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal


De esquerda a dereita: Nerea Alonso Rodríguez, Noa A. Rodríguez e Marcos López Riveiro
O domingo 11 de abril tivo lugar na Praza do Calvario a V edición da Feira de Oportunidades organizada pola Asociación de Comerciantes do Rosal - que preside José Martínez González (Pepe Berdeal)- e que contou unha vez máis coa colaboración do Concello.


Os establecementos estiveron durante todo o día mostrando os seus produtos con importantes descontos á vez que, xa de tarde, se celebraba un concurso-obradoiro de debuxo e de globoflexia, a cargo de Patricia Dorado Pregal.


Precisamente o debuxo gañador foi o de Nerea Alonso Rodríguez, de 11 anos. En segundo lugar quedou o de Marcos López Riveiro e en terceiro, o de Noa A. Rodríguez.



Premer eiquí para acceder á galería de imaxes de Juan Ramón Martínez Barbosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario