10 de abr. de 2010

INFOGAUDA: MÁIS DE 25.000 VISITAS EN UN ANO


Infogauda

Ainda que levamos na Rede de redes desde o día 25 de setembro de 2007, até o de agora non tiverámos oportunidade de poder manter no tempo o contador de visitas. O que tíñamos deixou de funcionar, e no seu día optamos por suprimi-lo. De tódolos xeitos, pasado algún tempo, optamos por voltar a instalar un novo contador. E como non podía ser doutro xeito, fixémolo desde 0. A data da súa instalación foi á do 10 de abril de 2009. É decir, fai hoxe un ano. Desde entón até o día de hoxe Infogauda rebasou ás 25.000 visitas.
E desde o 15 de xuño de 2009, a páxina irmá Infopovoa, na que se informa de novas da fraterna cidade de Póvoa de Varzim, recibiu até o día de hoxe máis de 2.800 visitas.
Que ás novas, comentarios, críticas, imaxes, opinións, suxerencias,..., que se pubrican en Infogauda e tamén en Infopóvoa sexan do interese dos seguidores tanto da bisbarra miñota como doutros lugares de Galicia e mesmo de máis alá da nosa xeografía patria, e incruso desde á outra orela do Atlántico; é o que motiva que o equipo de colabouradores deste medio de comunicación dixital nos sintamos agradecidas/os pola atención que nos dispensan. Por iso, como non podía ser menos: Moitas grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario