IMAXES DA PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO Fotografías: Lalo Rodríguez Pereira / A Guarda
Aínda que a Procesión dos Pasos non puido saír na tardiña do Xoves Santo, debido a inestabilidade climatólóxica, o Venres Santo puido sair a Procesión do Santo Enterro. Nela participaron moitísimos fieis así como as diferentes Confrarías piadosas, representacións oficiais e a Banda de Música Agrupaación Musicaal de A Guarda. Tamén compre salientar que cando a imaxe de Cristo Crucificado chegou ás inmediaciones da capela de San Bieito, a moza rosaleira Toñi Santos Vaquero cantou un sentido motete, cuia calidade interpretativa foi rubricada cos aplausos do respectable público. Deseguido a procesión continuaría polo itinerario acostumado, sen que a choiva fixese acto de presenza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario