3 de abr. de 2010

A GUARDA

FESTAS DE PASCUA EN BUXÁN (CIVIDANS)



Un intre do Lanzamento da Aixada, na edición de 2009.

Foto: Laguardiaenimágenes


Infogauda / Buxán


Este sábado deron comezo as Festas de Pascua, en Buxán (Cividans). O programa arrancou cos Xogos Populares Infantís, con inscrición gratuíta ata minutos antes de comezar as probas. Haberá premios por participar e para os gañadores.
Ás 16.00 horas escomenzarán os Xogos Populares para Maiores, igoalmente con inscrición gratuíta ata o comezo das probas.
Para esta categoría os premios que establecidos son, na modalidade de Lanzamiento de Aixada:
1º. Unha porca; 2º, Un xamón.
Na Carreira de Sacos: 1º. Un xamón; 2º. Chourizo.
Na modalidade de As Mazás: 1º. Dous lacóns, 2º. Dous queixos.
E na modalidade de A Rá: 1º. Dous lacóns; 2º. Dous chourizos.
As 23.00 horas comezará a verbena coas orquestras Super Fama e Benidorm.
Domingo de Pascua
Ás 9 da mañá, unha tirada de foguetes anunciará o día grande destas festas populares que desde ás 10.00 h. serán animadas por un grupo de gaitas que percorrerá as rúas do barrio.
Desde as 11.00 horas, comezará a 12ª Gran Pulpada e Zorzada, a prezos populares.
Ás 16.00 horas, 13ª Festa do Biscoito con degustación dos doces elaborados.
A partires das 19.30 horas, Atardecer Folk coas formacións “Dúo de zanfonas sobre rodas” (Luis Caruncho e Carlos do Viso), e “Zurrumalla”.
O recinto de festas estará cuberto cunha carpa e haberá servizo de cantina a prezos populares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario