ESQUERDA UNIDA DE A GUARDA REXEITA A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS POIS NOS SON COHERENTES EN TEMPOS DE CRISE

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
ESQUERDA UNIDA DE A GUARDA REXEITA A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS POIS NOS SON COHERENTES EN TEMPOS DE CRISE.
O GOBERNO MUNICIPAL NON REDUCE OS SEUS SALARIOS NIN A DIMINUCIÓN DE DIETAS.
Para Esquerda Unida os que tenhen a responsabilidade do Goberno tenhen que dar exemplo e aplicar o programa electoral para a mellora do benestar da súa cidadanía.
Para Esquerda Unida resulta esperpéntico que en tempos de crise un Goberno Municipal, que se di de esquerdas, rexeite e non tenha en conta as propostas dos demais grupos políticos e vecinhanza. Presumen de socialistas pero as súas nóminas case se duplicaron, ¿Por qué non cobran igual que nos seus anteriores postos de traballo?.
¿Cándo se pagarán as facturas que están pendentes?
¿Cal é a cuantía do crédito para que o Concello realice a súa tarefa?
¿Ónde está reflexada a contención do gasto?
¿Ónde están os cartos cobrados polas licenzas en tempos das vacas gordas?
¿Por qué o Goberno fai caso omiso ao informe de Intervención?.
A cidadanía será unha vez mais prexudicada polo aumento dos impostos: urbana, lixo, saneamento, turismos etc..
DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:
Que o presuposto este disponhible para calquera cidadán.
Que o actual orzamento sexa retirado para corrixilo e que se tenha en conta a vindeira situación económica que será mais grave que a actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario