O poema “Negra Sombra” de Rosalía de Castro unirá as prazas galegas na conmemoración do Día Internacional do Libro
Autora: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia promove a iniciativa “ÁgoraLibros. Os libros nas prazas”, na que se empregarán 100.000 volumes para escribir de forma simultánea estrofas do poema de Rosalía en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Enmarcada na celebración do Ano do Libro e da Lectura, a actividade terá lugar o próximo 23 de abril.
Voluntarios, institucións e centros de ensino poderán colaborar na colocación dos libros que serán regalados aos participantes ao remate da acción. Ás 12,00 horas, o conselleiro de Cultura e Turismo e os delegados territoriais da Xunta lerán unha declaración institucional con motivo da conmemoración do Día do Libro.
O proxecto está organizado pola artista Luz Darriba e conta coa colaboración da Fundación SEUR na coordinación da loxística e o transporte dos libros doados por diferentes entidades e institucións.
O proxecto está organizado pola artista Luz Darriba e conta coa colaboración da Fundación SEUR na coordinación da loxística e o transporte dos libros doados por diferentes entidades e institucións.
Medio Rural convoca as axudas para o fomento das actividades das asociacións protectoras de animais
O DOG publica hoxe a Orde que regula estas subvencións, destinadas a garantir o correcto mantemento sanitario e nutricional dos animais de compañía abandonados e recollidos por estas asociacións.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir de mañá, día seguinte á publicación da norma.

Ningún comentario:
Publicar un comentario